Saltar la navegación

Riscos laborais no taller

Principais riscos no taller


A continuación falaremos dos principais riscos que existen á hora de realizar tarefas no taller, e das medidas de prevención que deberemos tomar para evitar ter calquer tipo de accidente:

Caídas ao mesmo nível

  • Mantén as zonas de paso despexadas e perfectamente iluminadas.
  • Non corras, camiña amodo.
  • Para evitar tropezóns, elimina a sucidade, papeis, po, derramos e lixo da zona de traballo.
  • Limpa derramos ou goteos de líquidos de maneira inmediata, especialmente en zonas de paso.
  • Se hai obxectos que non poden ser eliminados, sinalízaos.

CAÍDA A DISTINTO NIVEL

Ademais das medidas anteriores, ten en conta o risco derivado do
uso de escaleiras de man. Para previr este tipo de risco:

  • Ás escaleiras de man hai que subir con precaución, situarse fronte a elas e agarrarse coas dúas mans.
  • Non uses cadeiras, caixas ou similares para acceder a obxectos en altura.
  • Se precisas realizar operacións en estruturas metálicas con elevada altura e non podes usar unha plataforma, utiliza o arnés de seguridade e revisa que está en bo estado antes de poñelo.
  • Antes de utilizar unha escaleira de man, revisa que está en perfectas condicións e non hai ningunha parte deteriorada.

RISCO DE GOLPES E CHOQUES

  • Mantén as zonas de paso despexadas e perfectamente iluminadas.
  • O centro de traballo debe manterse limpo e ordenado.
  • Non deixes equipos ou ferramentas de traballo nin materiais en zonas de paso e, se non podes quitalos, sinalízaos.

RISCO DE ATRAPAMENTO

  • Sigue as normas de seguridade establecidas para cada máquina ou equipo.
  • Non manipules os protectores de seguridade das máquinas.
  • Non realices operacións de mantemento sin ter a máquina parada. 
  • Leva roupa de traballo axustada ao corpo, e evita o uso de pulseiras, cadeas ou outros obxectos que poidan engancharse nas máquinas.

RISCO DE PROXECCIÓN DE PARTÍCULAS

  • Utiliza os equipos de protección adecuados con marcado CE.
  • Extrema as precaucións en operacións de mecanizado, como manexo de tornos, fresas, amoladoras, etc. 

RISCO DE CORTE

  • Non utilices os equipos de corte para usos distintos daqueles aos que estean destinados.
  • Mantén en bo estado de limpeza e conservación todos os equipos de traballo.
  • Non manipules os resgardos que levan instalados os equipos de traballo.
  • Usa guantes de seguridade aínda que a operación sexa breve.

RISCO DE CAÍDA DE OBXECTOS

  • Non amorees material pesado de maneira insegura.
  • Non te sitúes debaixo de cargas suspendidas.
  • Utiliza casco de seguridade, especialmente en zonas con risco de caída de obxectos.

RISCO DE INCENDIO

  • Afasta os materiais inflamables ou combustibles de calquera foco de calor.
  • Retira as caixas, envases ou papeis que non sexan necesarios.
  • Coñece a utilización dos extintores de incendios adecuados ao tipo de lume.

CONTACTO TÉRMICO (QUEIMADURAS) 

  • Tocar unha superficie quente pode provocarche queimaduras na pel.
  • Utiliza equipos de protección individual, con marcado CE, no caso de que teñas que manipular obxectos ou superficies quentes.

CONTACTO ELÉCTRICO

  • Comproba diariamente o estado de cables, enchufes e aparatos eléctricos.
  • En caso de avaría, desconecta a tensión, saca o enchufe e comunica os danos para a súa reparación.
  • Non poñas obstáculos diante do interruptor principal para que sexa totalmente accesíbel.

EXPOSICIÓN A SUBSTANCIAS TÓXICAS OU IRRITANTES

  • Mantén unha ventilación adecuada do lugar de traballo, natural ou forzada.
  • Se detectas que a extracción non é suficiente ou que os filtros dos ventiladores poden estar obstruídos, revísaos e avisa o teu responsábel.
  • Utiliza EPI respiratorios, con marcado CE, se non podes utilizar a extracción localizada ou é insuficiente.

EXPOSICIÓN AO RUÍDO

  • Utiliza os equipos de protección individual (EPI) con marcado CE, adecuados ao ruído ambiental, e mantenos en condicións adecuadas de uso.

Prevención de riscos

Duración: 15 min
15:00
CM Soldadura e caldeiraría
11

Despois de ler algúns dos riscos máis frecuentes no taller, xunto con algunhas medidas para evitalos, visualiza o vídeo e realiza a seguinte tarefa, elixindo as respostas que consideres correctas. 

Riscos laborais dentro da familia de fabricación mecánica

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)